jueves, 7 de enero de 2016

POLO NADAL, COCIÑA CREATIVA

Xa no Samaín, as mestras de AL e PT, fixeron uns obradoiros de cociña creativa onde os nenos e nenas que acuden ás aulas de apoio lles ensinaron a todo o cole como facer unha araña de galletas, crema de castaña, regalices e Lacasitos.
O alumnado da miña clase de terceiro fixeron os cálculos para ver cantas cousas nos facían falta e canto custaban. Finalmente fomos a un súper local a buscar os utensilios e alimentos necesarios. Aquí vos deixo a nosa factura.


Se queredes ver esta actividade podedes visitar a páxina do cole picando AQUÍ. 

No Nadal repetimos a experiencia, esta vez non foi para todo o cole foi so para a nosa clase, fixemos porco espiños de uvas e pera e o Apalpador de queixo cheddar e pan de molde. Escribimos as receitas de cociña, calculamos os gastos, fixemos a lista da compra e traballamos de forma integrada os contidos de diferentes áreas: as linguas (o texto instrutivo), as matemáticas (moedas, operacións e estimacións), as ciencias naturais (pirámide alimentaria), a búsqueda e selección de información e a expresión oral (gravamos os titoriais).


Déixovos aquí algunhas imaxes pero podedes ver os vídeos da actividade picando no enlace do marxe lateral dereito que leva ao blog da nosa aula "A CLASE DOS LISTOS".





As profes de AL e PT, e eu como titora, diseñamos de forma colaborativa estas actividades e esta pretende ser so unha mostra do que se pode facer cando hai traballo en equipo e tamén como se pode promover a inclusión educativa. 
Por explicarvos un pouco como o organizamos dicir que foron elas as que traballaron cos nenos na aula ordinaria (eu estiven facendo formación de usuarios na biblioteca) por iso intercambiamos papeis e puxémonos de acordo. Eu traballei máis a parte das matemáticas e elas as linguas.
 Pon nalgún sitio a lexislación que non se poidan organizar así os apoios? Quen se beneficia deste tipo de actividades? Os nenos e nenas con NEAE ou os compañeiros e compañeiras que ven como cada un pode traballar na medida das súas posibilidades, como facer para axudarse entre outros e como todos e todas podemos ser diferentes e á vez iguais en dereitos? 

 Como vedes foi un fin de trimestre moi culinario!

 Para o Entroido máis! ;)

Feliz ano para todos e todas!


1 comentario:

  1. Un traballo completísimo. Encántanme as vosas receitas creativas. Teñen unha pinta fantástica. Unha aperta e boa finde.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...