jueves, 14 de mayo de 2015

TEMOS DOUS ACCÉSITS NO CERTAME POETA AÑÓN!

A profe chegou un día á clase cunha idea: Escribir poesías para o XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN de Outes. Ao principio iso de que nos diran cartos para libros non nos interesou tanto pero en canto nos dixo que podían ser da temática que quixéramos, ata de fútbol! motivámonos máis. ;)
O primeiro que fixemos foi escudriñar as bases do concurso e relacionalas coa competencia matemática. Chegamos á conclusión que podíamos presentarnos a dúas categorías xa que na nosa clase hai nenos e nenas que teñen 7, 8 e 9 anos. Competiríamos nas categorías A e B e se gañábamos nas dúas teriamos 210 € para a biblioteca da aula xa que os traballos serían feitos entre todos e todas como unha actividade enmarcada na área de lingua.

Unha vez feito este traballo comezamos a traballar a tipoloxía textual da poesía. Fomos recopilando palabras que rimaban e que se nos ían ocurrindo, entre outras actividades e lecturas. Non é fácil traballar poemas con nenos e nenas tan pequenos así que o que fixemos foi partir dos xa escritos e varialos para facer os nosos utilizando como metodoloxía o traballo colaborativo. Tamén utilizamos como guión e para sacar ideas este DOCUMENTO que atopamos na rede. 

Aquí vos deixamos o resultado.
Estes poemas foron expostos polos nenos e nenas nunha actividade que resultou moi motivadora chamada "LECTURAS EN FAMILIA" realizada o 23 de Abril, DÍA DO LIBRO. As familias viñeron contarnos e lernos contos e poemas que a eles lles gustaban especialmente. Tamén nós lles fixemos a presentación do noso traballo (uso social dos textos escritos) e outros contos que temos na biblioteca de aula. Se queredes ver como quedou podedes vela na web do centro picando AQUÍ.

Por certo!  Obtivemos dous ACCÉSIT COMPARTIDOS en sendas categorías cos poemas con título: "RIMAR E MULTIPLICAR" e "O POEMA DA AUGA". O acto de presentación dos gañadores e recollida do libro editado cos galardoados do ano pasado é este sábado ás 19.00 horas na Casa da Cultura de Outes. Fermosa e produtiva forma de celebrar as  LETRAS GALEGAS! Non vos parece?

Dende aquí mil grazas aos compañeiros e compañeiras do grupo AÍOVAI por ensinarme a ver o proceso de escritura dende outra perspectiva (a construtivista) e por aportar tan boas e eficaces ideas no traballo das tipoloxías textuais. Xeniais!

Ah! Moitos dos poemas están inspirados no proxecto da India que estamos realizando! Pero iso será outra entrada...

6 comentarios:

  1. Noraboa, Patricia! Que grandes poetas e poetisas tes na clase! Gustoume moito como traballaches este tipo de textos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Ana! Saudiños!! Aí andamos, como sempre, aprendendo e aplicándoo á aula o mellor posible!

    ResponderEliminar
  3. Que boa nova, Patri! Que alegría! Noraboa a todos eses poetas que tes na aula! Que sorte teñen ter unha mestra á que lle gusta tanto formarse e aprender cousas novas que levar á aula!

    ResponderEliminar
  4. Grazas Asun!!! Estou segura que aos teus nenos e nenas lles pasa o mesmo!! Segura, non, segurísima!!!

    ResponderEliminar
  5. Hola. noraboa aos teus alumnos e por suposto a ti polo traballo dedicación e entrega que fas para formalos. Seguimos en contacto

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...