jueves, 18 de septiembre de 2014

COLE NOVO, VIDA NOVA

Ola a todos e todas!
Ultimamente teño o blog un pouco deixado... Pero logo me vou poñer de novo a elo! Foron moitos cambios. Dende buscar aluguer ata o novo centro. Ao final son titora dun curso de segundo de primaria no CEIP SERRA DE OUTES! E alí estamos dando guerra!
Xa irei mostrando cousiñas que facemos. Hai varios proxectos en mente: ABP neste primeiro trimestre relacionado cos deportes, o novo blog de aula que se vai chamar "A CLASE DOS LISTOS" aloxado dentro da páxina web do cole (o nome escollérono eles, son moi modestos, jeje! ), grupos de traballo, inclusión educativa cos meus alumnos de NEE, cursos, dinamización da biblioteca escolar...
Cambiaremos de lugares, de caras, de compañeiros, pero nunca, nunca, nunca perderemos a ilusión e as ganas de innovar!
Un saúdo a tod@s!
Grazas por estar aí!


4 comentarios:

  1. Deséxoche moitísima sorte no teu novo destino, Patri. Seguro que tes un curso estupendo. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Da igual o lugar, o bo que teñen os blogs e que sempre están presentes. Moita sorte no cole e cos teus peques. Un bico.

    ResponderEliminar
  3. Ola!! O outro día recomendáronme este blog, e estou alucinada!! Noraboa por este marabilloso traballo!!
    Unha "colega" de profesión.

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas polas vosas palabras e ánimos compis blogueiras! A verdade é que xa tiña "mono" de actualizacións. ;) Ana Costa moitas grazas tamén polo teu comentario, fíxome moita ilusión e axudoume a cargar as pilas de novo, alégrome que che gustara o blog. Saúdos e sorte a todas neste principio de curso!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...