domingo, 11 de mayo de 2014

III XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DE BETANZOS

O prometido é débeda! Aquí vos deixo a presentación das III Xornadas de Atención á Diversidade de Betanzos. 


Teño resaca postxornadas! De verdade! Grazas polos vosos ánimos e por atenderme pacientemente! Dádesme ás para seguir e para non decaer no intento dunha escola diferente e de calidade. Cada palabra de ánimo cárgame as pilas de enerxía para varios meses.

Tamén, para os que non o coñeciades,  déixovos o conto de Frederick, o ratiño que recolle palabras e raios de sol."FREDERICKA" é o apodo cariñoso que me puxo a miña amiga e compañeira de andanzas e aventuras, Lucía Ruiz (La clase del Payaso) , e por certo, co que me sinto plenamente identificada. Eu non son poeta pero si son utópica, e esa utopía é a que me mostra unha luz no final do camiño. Non a atoparei nunca, iso xa o sei, pero tal vez a miña meta non sexa atrapala, senon simplemente perseguila.
E vénseme á cabeza.... que sería do Coyote se atrapara ao Correcaminos?
:)


Quedeime con moita pena de non poder falar máis tempo con moitos de vós, pero son momentos de nervios e despois tiña que facer outra presentación así que tiven que sair pitando! Por favor, se alguén quere poñerse en contacto comigo para calquera cousa, non dubidedes en facelo a través dos comentarios do blog ou do correo: patriciapenabarbeito@gmail.com



As imaxes están sacadas da web con fins unicamente educativos, se alguén ten algún problema por esta publicación que mo diga que inmediatamente serán retiradas.

1 comentario:

  1. Que mágoa non poder ir! A ver se o ano que vén non me deixan na reserva :( Unha aperta.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...