martes, 27 de mayo de 2014

E TI? QUE LEVAS NO CORAZÓN?

Pois xa fai unha tempada que teño esta entrada gardada xa que foi unha actividade do Día dos Namorado. Nin máis nin menos que do mes de Febreiro! Pero entre cursiños, a titoría e que me meto en canto "fregao" atopo non dou feito!
Os que me seguides e me coñecedes sabedes que teño especial predilección pola intelixencia emocional, paréceme a grande olvidada das aulas. Así que co fin de traballar os sentimentos e como abordalos fixemos a seguinte actividade.
O 14 de Febreiro vimos a curta de orixe galega "O XIGANTE". Cada neno e nena explicou coas súas palabras o que entedera desta película muda de animación que conta a historia dun xigante que leva unha nena no corazón: hai que veu amor, hai quen veu que a nena marchaba, que o xigante morría... Xulgade por vos mesmos!


Falamos sobre o sentimento do amor e do que significaba e despois cada un fixo con corazóns un pequeno verme onde escribiu o nome da persoa que leva no seu. Este foi o resultado:



E ti? A quen levas no teu corazón?

PD: A próxima entrada ensínovos o traballo de aula para o curso "Filosofía para Nen@s" do PLATEGA que afonda no tema das emocións.


4 comentarios:

  1. Que bonito traballo, Patri! Encántame! Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Ana! Eu despois de ver ese óso que fixestedes co rollo do papel xa non me podo sorprender máis! Canta imaxinación e que chulada! Saudiños!

      Eliminar
  2. Precioso corto de animación y maravilloso trabajo. Me ha emocionado. Muchas gracias por compartirlo. Un saludo.

    ResponderEliminar
  3. Muchas gracias por tu comentario María! Me alegro de que te haya gustado! Un saludo!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...