lunes, 3 de febrero de 2014

A NOSA RADIO DIVERSA

Na primeira avaliación na nosa clase fixemos un programa de radio para participar o día 13 de Febreiro nun certame que se celebrará en Santiago de Compostela da man de CampusCulturae. Esta organización  está vencellada á USC e á Facultade de Ciencias da Comunicación e traballa en prol da diversidade como elemento enriquecedor das sociedades.
Como eles mesmos se definen: "campUSCulturae é unha aposta da Universidade de Santiago de Compostela a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e o pluralismo. 

Finalmente... fomos seleccionados!! Así que o día 13 alí estaremos xunto con outros 14 centros de Galicia para celebrar o Día Internacional da Radio.

Aquí vos deixo a gravación de A NOSA RADIO NO PEDRAIO, A RADIO DE 4ºC DO COLE DA LARACHA.


As voltas que da a vida, eu sempre quixen ser xornalista e por moi puquiño non entrei na facultade. Moitos anos despois alí vou, pero esta vez, a xornalista non son eu, son eles, os meus ananos e ananas, e vou feliz con eles, seguramente ningunha outra profesión me daría no mundo as alegrías que esta me da. So ver as súas caras de ilusión, xa é aliciente suficiente! Teño a mellor profesión do mundo! Non lla cambio a ninguén!

5 comentarios:

  1. ME HACE MUCHA ILUSIÓN ESTAR EN ESTA LISTA.
    GRACIAS A TODOS POR DEJARME PARTICIPAR EN ESTE PROYECTO TAN INTERESANTE.
    ME GUSTA ESTO DE INTERCAMBIAR IDEAS.
    BESOS A TODOS.
    GRACIAS.
    BLANCA LAFARGA

    ResponderEliminar
  2. Noraboa polo traballo, está xenial. :) Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Grazas!! A verdade é que estamos moi orgullosos!! :)))

    ResponderEliminar
  4. Xa nos contaredes. Estarán emocionadísimos por ir. Un bico.

    ResponderEliminar
  5. Muy chulo y variado.; Mola a Radio no Pedraio!
    Nos vemos allí, jeje.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...