jueves, 30 de mayo de 2013

METÁFORAS, XEROGLÍFICOS E UN CHISCO DE CREATIVIDADE.

No taller de escritura de mañá imos repasar varios conceptos relacionados co tema 13 de Anaya de 4º de EP. Primeiro imos facer uns xeroglíficos para facer pensar un pouquiño eses miolos e imos utilizar os materiais de Actiludis (para ir á súa páxina e descargalos picade na imaxe). 

Despois intentaremos facer metáforas utilizando os seguintes xogos que atopei no blog NUESTRO BLOG DE 5º DE PRIMARIA. Se o visitades hai moitos máis!


Por último, para aplicar o aprendido, utilizaremos as nosas propias metáforas facendo descricións de animais cos seguintes xogos, un deles xa o utilicei varias veces pero sígueme encantando! Coñecedes SWITH ZOO? Pois picade na imaxe para ir a el.


E probaremos tamén con este que é parecido e que vin o outro día no blog de Blanca ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL.


Esta é a nosa rúbrica de avaliación para as descricións, mirarémola antes de comezar, para saber o que se lles pide, e despois de facer a descrición, para que vexan se realmente cumpliron as espectativas.

5 comentarios:

  1. Moi bos recursos, Patricia, utilizareinos cos do PCPI. Gústame a rúbrica de avaliación. Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Con toda seguridade que a rúbrica demostrou que mostran unha gran capacidade para describir con creatividade. Non pode ser doutro xeito, despois de traballar con tan boas orientacións! Este material serame dunha grande utilidade. Patricia, moitas grazas.

    ResponderEliminar
  3. Muchas gracias por la referencia. un beso.

    ResponderEliminar
  4. Grazas a vos polos vosos comentarios!! Saudiños a todas! Alégrome moito de que vos sirvan de axuda!

    ResponderEliminar
  5. Uns recursos moi bos vou a compartilos para os meus alumnos de primaria Grazas. Un bico

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...