lunes, 7 de enero de 2013

TAREFA "DESCRIBIR PAISAXES"

   Levo todas as vacacións dándolle voltas a como traballar a competencia lingüística cos meus nenos de 4º aos que apoio na área de Lengua para traballar con eles sobre todo ortografía, comprensión lectora e escritura.
   Teño que recoñecer que son un pouco "rarita" e "inconformista"e non me gusta que saian da aula para seguir co mesmo de sempre: e veña a facer ditados que non teñen sentido para eles, a encher ocos, a copiar e recopiar... Esta non pode ser a educación do S.XXI.  Estou plenamente convencida de que non é a maneira de os nenos e nenas desenvolvan o gusto pola escritura e a lectura, se motiven e aprendan a aprender. 
   Como son mestre de AL e non teño que seguir a tiranía do libro de texto decidín propoñer "Talleres de escritura" cos nenos que suspenden as linguas neste cuarto curso. Sería unha hora á semana. A ver se ao final o podo facer porque xa non teño horario. De todas formas teño o traballo planificado para os que atendo, se despois se pode organizar doutra maneira pois mellor que mellor. Trátase de "DESCRIBIR PAISAXES", un dos obxectivos que marca o libro de Santillana no tema 6, que é o que toca á volta do Nadal. Fixen esta WIX,  de momento so é un proxecto. Que vos parece? Eu xa estou desexando empezar! Picade na imaxe para velo.


Este traballo está baseado nos publicados no blog LA BITÁCORA DE LA LENGUA  de Alberto G. e os seus alumnos e alumnas que descubrín nas vacacións e que recomendo moito moito aos amantes da literatura, a escritura e de outras formas de ensinar e aprender.


Tamén moi útil e un traballazo impresionante o do CEIP Ntra. Sra. de Loreto cunha recopilación exahustiva de suxerencias para traballar a través das TIC os contidos das diferentes editoriais e materias. Imprescindible!


Por último, tamén me baseei nas publicacións de EDUCA CON TIC onde atoparedes toda a información sobre recursos, experiencias e actualidade no mundo das tecnoloxías educativas. Un proxecto colaborativo que xa vai polos case 23000 usuarios rexistrados.




3 comentarios:

  1. Patri, paréceme unha idea fabulosa. A WIX quedouche fenomenal. Encántame! Xa nos contarás que tal te vai.
    Por certo, gústame o teu calendario.
    Unha aperta e bo comezo de trimestre.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Ana! O calendario é chulo verdade? Foi un amor a primeira vista, jeje! Saúdos e mil grazas polos ánimos!

    ResponderEliminar
  3. É unha idea estupenda Patri, estou segura que vai ser todo un éxito e que os nen@s van estar motivadísimos. A WIX está fantástica ;-) Noraboa por compartir aquí maneiras de traballar de calidade. ¡¡Unha aperta!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...