domingo, 13 de enero de 2013

DIPLOMAS DA CLASE DE AL

Cando lle dou o alta a un dos meus nenos e nenas gústame que leven un recordo positivo do seu paso pola clase de AL, por iso, fágolles un diploma co seu nome co que conseguiron acadar: dicir un fonema, ler mellor, ter menos faltas, traballar moito... Coa ferramenta on line DIPLOMAMAKER quedan moi chulos e fanse nuns minutos! Podes subir a foto que ti queiras ou elixir algunha de mostra. Tamén podes cambiarlle o marco e a letra (non admite tildes). Aquí deixo unha mostra. So ten unha pega, está en alemán, pero é moi intuitivo! Picade na imaxe para ir á páxina.


2 comentarios:

  1. Imaxino o contentiños que irán co seu diploma. É todo un detallazo pola túa parte. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Despois de darlles a "tabarra" todo o tempo con que falen ben, meréceno os pobres... jeje!! Saúdos Ana!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...