domingo, 19 de febrero de 2012

MARZO, MARZOLO... TERBÓN E RAIOLO

O inverno está na recta final e eu aínda non lle dedicara nin unha entrada, vou a contracorrente, cando é Entroido eu publico sobre o inverno, cando é o día da Paz eu publico sobre os animais... Como teño a sorte de ter blogs amigos tan interesantes mentres eles buscan recursos TIC para eses días eu fago outras cousas para os meus alumnos e alumnas, grazas polo voso traballo, con so mirar Aula Tic Terra de Ferrol, Tics Cra Bergondo, Aula virtual de Audición e Linguaxe, Profes de Infantil... e tantos outros o meu traballo está listo. Nunca me cansarei de agradecérvolo. E dito isto vou empezar coa entrada do inverno.
En primeiro lugar ensinarvos o noso libro de vocabulario do inverno visto en Actiludis (picade  no nome para descargar a platilla e ver o artigo orixinal).

make gifs

 As páxinas tiñan imaxes sacadas de Internet sobre:
- O tempo que vai en inverno.
- A roupa que nos poñemos.
- As froitas da época.
- Unha cantiga con fotos dunha cheminea e un radiador: Inverno, inverno, porque  nos gustará? Pola neve blanca e polo Nadal. O frío de inverno xa ten solución: o gorro, os guantes e a calefacción!
- Os animais que hibernan.
- Unha foto da primavera como contraportada cunha árbore en flor.

A compañeira de Sada, Laura María Pardo Lourido, envioume estes materiais para traballar o inverno nun nivel baixiño, con actividades con imaxes para aprender signos e outras de creación propia e recopiladas da web. Grazas Laura!
Ademais, con moi bo criterio, como estes días pasados moitos dos nosos alumnos e alumnas estaban maliños pasoume esta canción "A mi burro, a mi burro"



 E a versión adaptada en pictogramas. De novo máis grazas!

5 comentarios:

  1. Gústame moito o libriño do inverno. Quedouvos moi chuli. E o resto do material tamén está moi ben. Aproveitareino cos meus. Un biquiño e disfruta destas curtas vacacións.

    ResponderEliminar
  2. Hola Patricia. Soy Nika y te he conocido por blogs amigos. Gracias por dejarme un comentario en mi blog. Desde ahora seré una fiel seguidora tuya. Me gusta tu blog y veo que tienes muchos recursos para los infantiles. Estaremos en contacto. Un bikiño como decís por ahí arriba. Me encanta tu tierra. Yo conozco Ribeira y sus alrededores. He ido de vacaciones durante 4 años y tu tierra es preciosa.

    ResponderEliminar
  3. Hola soy Paqui de infantil de colores, muchas gracias por tus comentarios, ya cuentas con una seguidora más. Un besazo

    ResponderEliminar
  4. ¡Qué chulo el libro del invierno!Me guardo la idea para otro curso.Un saludo.

    ResponderEliminar
  5. Me alegro que os gustase el libro! Estoy pensando en adaptarlo y hacer otro para la primavera porque hasta para los que no sabemos dibujar muy bien, una flor no puede ser tan difícil! Gracias por los elogios a mi tierra Nika! Si que es muy bonita, la verdad!! Que voy a decir yo!! jeje! ;) Biquiños!!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...