jueves, 8 de diciembre de 2011

Materiais para traballar o soplo real.. e o soplo virtual!







Fai xa uns días unha das miñas compis deixoume estas simpáticas castañas para practicar o soplo, son moi faciliñas de facer e aos nenos e nenas encántanlles... corren pola mesa que se las pelan! Aquí deixo a plantilla para facelas e a foto de como quedan. Graciñas Lucía!!!! Unha boa idea para practicar no tempo de outono!









Eu andívenlle dando voltas.... como podo practicar o soplo utilizando as TIC? E ocorréuseme esta idea que xa nos serve para o Nadal,  imos soplar velas virtuais! É so un experimento pero paréceme que pode ter bastante utilidade. Está feita con PICASION, unha ferramenta on line que permite facer gifs animados. Collede moito aire e... a apagar as candeas!!!!! fffffffffff!!!! As imaxes están sacadas de Google Imaxes. Se alguén quere que as retire non ten máis que dicilo.



making a gif
Making a gif

1 comentario:

  1. As castañas son chulísimas, dalle as grazas á túa compi da miña parte. Acábaseme de ocurrir que o ano que ven vou facer unha carreira de castañas. Seguro que aos meus lles encanta a idea.
    O da vela pareceume superorixinal, moi boa idea. A miña filla pequena e eu estivemos a soplar. Non vexas que divertido! Ademais non coñecía a ferramenta de Picasion co cal vou a probar a facer cousas con elas.
    Graciñas por partida triple. Bicos.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...