domingo, 1 de mayo de 2011

XORNADAS INNOVACIÓN EDUCATIVA. NOVAS COMPETENCIAS PARA A NOVA SOCIEDADE. A CORUÑA 29 E 30 DE ABRIL.

As xornadas comezaron coa ponencia de Dolors Reig (Bueno, inaugurounas o conselleiro e marchou como unha bala, nós a el tivemos que escoitalo... el a nós non... ironías da vida!).
Durante esta ponencia diante de min había un profe que so facía rir e resoplar (profesional da educación?) ata que lle escoitei dicir: Isto é de tarados! De tarados?... Ao mellor un pouco... pero a min fíxome pensar... xulgade por vos mesmos.... Se queremos alumnos e alumnas motivados temos que poñernos ao seu nivel! Non credes que lerían ata o Quijote se o suben ao You Tube? Esta é unha profe de historia cantando unha canción de Lady Gaga con letra relacionada coa Revolución Francesa.  Seguro que aos seus alumnos e alumnas non se lles olvidará na vida!

Seguimos co debate de Dolors, Ana Torres Jack e Lourdes Montero do que destaco a dicotomía e difícil tarefa coa que se atopan os pais fronte as redes sociais: ensinar e deixar facer ou controlar... 

Sábado pola mañá... os compañeiros preséntanos as súas experiencias, eu elexín a Educación en valores coa presentación da PROXECTO BATA, que nos ensina o papel da mullera través da súa vestimenta,a bata de cadros, moi chulo. Quédome coas versos dunhas alumnas:
OS HOMES GARAVATA,
AS MULLERES BATA...

Manuel Losada preséntanos como mellorar a inclusión educativa poñéndonos na pel das persoas con diversidade funcional a través da educación física e dos xogos adaptados. Móstranos aos nenos do Ceip de Portofaro (Cambre) realizando deportes como a boccia, o goalball o baloncesto en cadeira de rodas...

Os directores debaten na seguinte ponencia a súa labor na innovación, quédome coa idea da "caixa negra": que nomea  José Ángel Suárez Alonso: como controlar que as decisións que se toman en claustro cheguen ás aulas? Onde empeza e onde remata a liberdade de cátedra?

Sábado tarde... Alí xa so quedan uns cuantos "matados"...
Quédome coas ponencias de Javier Ignacio Menéndez do IES Pastoriza cobre como traballar cos alumnos a través de redes sociais cerradas como SOCIALGO, blogs de creación propia , autoaprendizaxe e creación grupal e individual a través das TIC. Unha pasada!
Tamén coa frescura de Carmen Cid Manzano que nos ensina que as TIC non son a panacea son un medio e unha metodoloxía, canto cambia a educación no seguinte video?

Tamén cos traballos dos alumnos e alumnas do Ies Otero Pedrayo no seu blog "A ciencia tamén é cultura"

Fin das xornadas, chega MAR ROMERA (se picades no nome iredes á páxina web da Asociación Picopedagóxica Francesco Tonucci, moi recomendable) . ESTA MULLER É BOÍSIMA!!!! Dinos que hai que intentar ser felices, elexir o que queremos e mirar o mundo con gafas de ovella e non de mosca... Unha filosofía de vida e de traballo moi útil nos tempos que corren! Cóntovos: Unha abella chega a un xardín e so ve as flores máis fermosas.... unha mosca que ve??? ..... pois si! O que estades pensado..... a m....... Levántate cada día e mira as cousas boas do teu traballo e da túa vida, quita as gafas de mosca! Sé abella! Eu xa o son! Aquí deixo unha imaxe deste Antroido....o meu disfraz (e eu sen sabelo, jaja!) espero que me dure moitos anos! VIVA A UTOPÍA!



2 comentarios:

  1. Tomamos nota, é un excelente consello. Por certo, moi guapa de abella, seguro que moito mellor que de mosca!!

    ResponderEliminar
  2. jajaja! Un toque de humor neste mundo tan serio!! Biquiños Rosa, grazas polos teus comentarios! Vémonos!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...