Este traballo está baseado nunha idea orixinal de Alicia Nimo do blog TRES PASOS EDUCACIÓN que resultou premiado o ano pasado pola Asesoría de Bibliotecas Esoclares da Xunta de Galicia e pódese consultar AQUÍ. Tamén podedes ver o proceso de creación do libro informativo (produto final) picando no seguinte enlace ao vídeo dos nenos e nenas de 1º e 2º do CEIP Pluriligüe Pepe da Xan Baña (Santa Comba).
Para min, o mais difícil deste tipo de metodoloxías é a avaliación, no curso do PLATEGA descubrín o que eran os PORTAFOLIOS. Aquí vos deixo uns vídeos moi clariños nos que me inspirei para elaborar o noso. A maior ventaxa que eu lle atopo a este tipo de avaliación é, sobre todo, que é formativa, e permite ver aos nenos e nenas (tamén aos profes e ás familias) os seus progresos trimestre a trimestre. Tamén me parece moi interesante porque fai explícitos os obxectivos que se lles van pedir, eles saben o que se vai avaliar xa de antemán o que permite que poidan modificar as súas condutas.
Quería darlle tamén millóns de grazas á miña compañeira de nivel Araceli Montes Prieto xa que sen a a súa incondicional axuda, sen os seus aportes e sen o seu traballo todo esto non sería posible. Detrás destes dossieres está o traballo das dúas, en equipo, non en vano o libro resultante vai ser das dúas clases de primeiro. Eso require moita coordinación, moito xuntarse polos pasillo, meternos unha na clase doutra, estar de acordo e non estar, traballar vía wathsapp... non é fácil, pero é moi, moi moi gratificante! GRAZAS ARACELI!
No hay comentarios:
Publicar un comentario