lunes, 11 de abril de 2016

APRENDENDO POR COMPENTENCIAS: MENÚ SAUDABLE

Desta volta tivemos que elaborar un menú saudable. Para elo primeiro fixemos unha serie de actividades:
- Analizar os cadros nutricionais de diferentes envoltorios de alimentos.
- Facer murais dos nutrientes. Somos cinco grupos de catro persoas (so un deles ten cinco xa que somos 21). Primeiro decidimos o que iamos poñer nos carteis e para iso formulamos preguntas, despois buscamos a información nos libros (incluido o de texto) e a través de Internet e elaboramos e pasamos ao ordenador un documento onde se daba a resposta ás nosas preguntas. Por último, pegamos nunha cartolina tamaño A3 as nosas pesquisas e ilustrámolo coas fotos de comidas máis reprensentativas de cada un dos nutrientes que sacamos dos folletos dos supermercados.
- Unha vez aprendimos toda esta información elaboramos, cada grupo, o menú para un día da semana (uns luns, outros martes...) Así xurdiu un menú semanal que fomos desmenuzando a base de preguntas e de propostas. Dímonos conta de que faltaban alimentos e non era moi saudable así que reformulamos os nosos menús diarios ata dar cun menú final que será entregado ao encargado do comedor do colexio para que o valore.
Este documento que vos presento aquí é o resultado do traballo que vai ser enviado ás familias. Nel tamén aparecen os estándares de aprendizaxe traballados e unha tradución dalgunhas rúbricas do CEDEC.
Cabe destacar unha vez máis que na miña clase hai varios nenos e nenas con NEE e que cada un aprende na medida das súas posibilidades. Por poñer un exemplo, cando se pregunta que tres cousas aprendiches que non sabías, un dos nenos que ten unha ACS dixo que el aprendera a facer un menú, outro que aprendera nomes de alimentos e outro, sen ACS, en que alimentos había proteínas. Con esto quero exemplificar de que maneira cada neno ou nena aprende segundo os seus coñecementos previos andamiando o novo co que xa posuía de antes (Bruner).
Na miña opinión, e na de moitos pedagogos moitas veces olvidados, querer controlar o que o alumnado aprende é como poñer cancelas ao pensamento. Eles non aprenden o que ti lles ensinas, eles aprenden o que lles resulta significativo e iso é algo que ten que ver coas súas vivencias e ao que é imposible de chegar. Acaso se dúas persoas adultas len un mesmo texto non sacan conclusións distintas? E das mesmas conversas cada un non conta o conto como se ve reflexado nel? Aí o deixo para reflexión! ;)

1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...