lunes, 14 de marzo de 2016

FACEMOS ZOOM SOBRE OUTES: Proxecto de investigación.

Este ano o proxecto da biblioteca vai sobre Outes, o noso concello, por iso decidimos que queriamos situalo no mapa. A profe propuxo que fixéramos un traballo que seguira o esquema do libro de Itsvan Banyai, "ZOOM". Neste libro ilustrado o autor vai aumentando o foco de visión. Todo comeza coa cresta duna galo, que está nunha granxa, que está nun cartel, que está... (non vos vou desvelar o final!).
Grazas á axuda da profe de PROA, da de PT e da chica de prácticas fixemos o noso propio zoom sobre Outes. Por grupos e en diversos espazos: uns na biblio, outros facendo entrevistas, outros na clase... investigamos en libros, trípticos, Internet e buscando no dicionario.
Aquí vos deixamos o produto final e unhas fotos da exposición. Este mesmo dossier vano levar os nenos e nenas ás súas casas. Nel aparecen os estándares traballados, o resultado da investigación e as fontes consultadas. Tratamos tamén de elaborar a información e resumila.
Cada grupo adicouse a unha parte, algunhas están escritas en maiúsculas porque é no grupo que está o neno con NEAE e utilizamos con el esta tipografía.
No final do dossier podedes ver unhas rúbricas de avaliación traducidas ao galego e que aparecen no artigo do CEDEC "15 documentos imprescindibles para alumnos que trabajan por proyectos"
As impresións sobre este traballo son moi boas! Ata o de agora vexo que etaba máis adicada a traballar por centros de interés... Agora creo que vou entendendo o que é un traballo riguroso de investigación.
Dicirvos, finalmente,  que esta so é unha tarefa dentro do proxecto, tamén imos investigar sobre lugares que visitar en Outes e coa información elaborar un tríptico informativo, estamos facendo entrevistas a persoas da zona e elaborando biografías... Xa volo ensinaremos noutras entradas!





1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...