domingo, 22 de marzo de 2015

MATRIARCAS E MATRIOSHKAS: DÍA DA MULLER

O 8 de marzo quixemos facer a nosa pequena aportación no Día da Muller. Seguindo a senda do proxecto multicultural da biblioteca viaxamos a Rusia e investigamos sobre as bonecas matrioshkas coa información que nos proporcionan NESTA PÁXINA.
Para a lectura utilizamos a técnica cooperativa de lecturas compartidas. En grupos de catro un dos nenos e nenas lía en alto e outro resumía o contado coa axuda do resto. Cando remataba de ler o neno ou nena que escoitou pasaba a ser lector e o seguinte tiña que comentar o lido.
Se queredes saber algo máis sobre esta técnica podedes consultar o seguinte enlace do blog JUSTIFICA TU RESPUESTA.

Despois, a profe deconstruiu un cadro de Leandro Lamas que nos ensina as matriarcas galegas. Non sabíamos nada del, ni o viramos antes,  así que a partir de diferentes pedaciños  puxemos a voar a imaxinación. Este foi o resultado.


Mentras debuxamos escoitamos a cantiga de Guadi Galego "Matriarcas" e intentamos entender iso de ser " brillantes activistas da vida cotiá".


Aquí estamos, finalmente atopando no verdadeiro cadro os nosos pedaciños.




Na hora de alternativa retomamos o tema e estivemos pensando en superheroes e superheroínas, Dímonos conta de que existían poucas protagonistas así que decidimos crear as nosas propias. Aquí as tedes, cos seus superpoderes e todo!




3 comentarios:

  1. Un traballo fabuloso, Patri! Encántame todo o que fixéchedes. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Precioso o vídeo de Guadi (son fan) ... moi ben enfocado todo o traballo cos nen@s... bravo a tod@s por o resultado final. Coa profe Patricia todo semella ser moi doado... pero non o é. Bicos xxx

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas polos vosos comentarios! Sobrevivo e aliméntome deles para non decaer! Parece fácil, toda a razón! Parece... Un bico grandote!!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...