martes, 24 de septiembre de 2013

APRENDIZAXE COOPERATIVA

Este foi un xogo que fixemos estes dias a ver como nos lembrábamos das principais operacións matemáticas: grupos cooperativos de sumas, restas, multiplicacións e divisións.
- Este día os grupos foron ao chou, e escollín a seguinte técnica que vin no blogue CADERNO DE PEQUECHOS. Tiñan que atopar as pezas do seu puzzle.
- Seguidamente de cada grupo de catro elexiron quen quería facer unha operación: suma, resta, multiplicación e división.
- Entre todos tiñan que mirar se a do compañeiro iba ben, porque para iso eran un equipo.
- Sairon á pizarra e cada un fixo a súa parte: o que a fixo ben catro puntos, o que tivo un fallo tres, o que tivo dous, dous, o que tivo tres un punto e se tiñas moitos non puntuaba.

Houbo de todo, claro! O peor as restas levando e as divisións! Pero xa sairán... temos ata un rincón de BINGO (que xa vos ensinarei) para practicar!


Moralexa. se fallaron non foi culpa do compañeiro, foi culpa de todo o grupo que non o corrixiu. Para ser a primeira experiencia, non estivo mal! De feito xa temos preparada outra, esta vez cunha webquest de Coñecemento do Medio, xa vola ensinarei tamén!

2 comentarios:

  1. Gustoume a actividade, Patricia. Moi boa idea!!!!!! Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Unha boa idea Patri, seguro que a fixeron encantados. ¡Unha aperta!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...