lunes, 4 de febrero de 2013

MÚSICA DIVERSA

Non sei vos, pero eu sempre que fago algún vídeo para os peques ou dos peques, ou quero facer algunha actividade, nunca atopo a canción. Gústame máis poñer música española así que aquí vos deixo un recopilatorio de cancións que falan de diversidade por se vos pode servir de algo ou, simplemente, para pasar un rato agradable. Coñecedes algunha máis? 

Do meu grupo favorito "AMARAL" quédome con dúas:
1. Porque me recorda ás persoas con Alzheimer ainda que non está escrita para eles. 


2. Porque me recorda a esas persoas de cabezas ocas ás que lles é imposible entender que a inclusión é un dereito. SALTA!


De Macaco tamén varias, aínda que teño que recoñecer que os gorgoritos sóbranlle. ;) Neste caso, moi emotivo este lipdub do Hospital Sant Joan de Deu.


Xuntos podemos. Para gustos...


Total,  ninguén é perfecto...


Que tal algo de Fito e Extremoduro, e o dereito a vivir cada un no seu mundo... na súa nube azul.
Recórdame aos nenos con TXD, con TDAH, con... Recórdame aos nenos... e aos maiores. ME RESULTA TAN RARO TODO LO "NORMAL"


Esta de Marea NO SOMOS DISTINTOS é un novo descubrimento pero xa a teño gardada para un proxecto que veredes en breve. Non vos perdades o lipdub.


En galego e moi ben traída, que chula está canción que escoitei moitas veces pero nunca como cando a vin nun anuncio da Asociación Por Dereito e falando das persoas con autismo. "Xa chegaron os marcianos e tamén che son galegos, respondendo con preguntas e cara de confusión..." SON GALEGOS COMA TI.


Todos somos "ciudadanos de un lugar llamado mundo"


Contra a violencia de xénero Hanna e Huecco! Grazas a Rocío Méndez Penela.


Seguro que coñecedes mil máis! Aínda que xa se sabe, son "malos tempos para la lírica"


5 comentarios:

  1. Muy buena recopilación! Yo me quedo con "Ciudadanos de un lugar llamado mundo" y...algo haremos con ella,jeje.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. ¡Unha recopilación moi boa Patri! ¡¡Graciñas por compartila!!

    ResponderEliminar
  3. Esta entrada está genial!

    ResponderEliminar
  4. Gústame a túa selección de música. Tes bo gusto ,je,je Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Boas Patricia, deixoche un pequeno agasallo no meu blog.... cando queiras pásate: http://renacuajosinfantil.blogspot.com.es/2013/02/mi-primer-premio.html
    un bico

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...